Thursday 02 de May de 2024

Arranca a construción das novas beirarrúas da rúa Campeiras


A primeira fase das obras inclúe a instalación dunha nova rede de abastecemento de auga. Están incluídas no plan financiado polo Concello

Nestes días o Concello de Ordes iniciou a construción das novas beirarrúas na rúa Campeiras. Unha obra incluída no plan municipal de novas infraestruturas e orzamentada en 17.600 euros, cifra na que están tamén incluídas as obras de abastecemento de auga que en breve comezarán na Espenica. Ademais das novas beirarrúas tamén se instalará unha nova rede de abastecemento de auga, substituíndo as canalizacións por outras de polietileno. Esta primeira fase forma parte do dito plan municipal no que se están a investir máis de 225.000 euros para mellorar a canalización de pluviais na rúa Canteira, saneamento e abastecemento en Reboredo, beirarrúas na praza do Mercado ou novo saneamento nas rúas O Recreo e Espenica.
Finalizada esta primeira fase no tramo actual da rúa Campeiras en próximas datas dará comezo unha segunda, na que se continuará coa construción de beirarrúas e a instalación do novo sistema de abastecemento de auga. Unhas obras que se localizarán tamén ao longo da travesía Campeiras, e que foron aprobadas recentemente en base ao financiamento do PAI 2015.